Co propósito de incentivar a actividade turística en Galicia das persoas residentes na Comunidade autónoma, a Axencia de Turismo de Galicia pon en marcha o programa #DescubreGaliciaenOutono a través de bonos turísticos de desconto. Búscase, desta maneira, dinamizar o consumo turístico e impulsar a economía e emprego fóra de tempada alta.
Quedan expresamente fóra do programa as vivendas de uso turístico.
En ambos os dous casos deberán estar dadas de alta no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT) no momento da publicación desta convocatoria e ter coñecemento da signatura que se lles proporcionou no momento da alta no citado rexistro.
Poranse en circulación 10.000 bonos turísticos por importe de 100€ cada un. As persoas beneficiarias terán un desconto do 40% nos gastos realizados nos diferentes establecementos adheridos ata esgotar o saldo de 100€ do seu bono.
Información mantida e publicada en internet pola Xunta de Galicia